Nokia 2220 slide - Asistencia técnica

background image

Asistencia técnica

Se desexa máis información acerca do uso do seu produto, ou se non está seguro do

funcionamento do seu teléfono, consulte a guía do usuario, as páxinas de axuda en

www.nokia.com/support ou o sitio web de Nokia para o seu país. Se prefire facelo dende

o teléfono móbil, visite www.nokia.mobi/support.
Se así non se resolve o seu problema, tente o seguinte:

Reinicie o teléfono: apague o teléfono e retire a batería. Pasado un minuto, volva

a colocar a batería e acenda o teléfono.

Restableza a configuración orixinal de fábrica do modo indicado na guía de usuario.

Se continúa sen resolver o problema, póñase en contacto con Nokia para obter

información acerca doutras opcións de reparación. Consulte www.nokia.com/repair.

Antes de enviar a amañar o teléfono, lembre facer unha copia de seguridade dos datos

do teléfono.