
Correo electrónico
Acceda á conta de correo electrónico POP3 ou IMAP4 co seu dispositivo de lectura,
escritura e envío de correo electrónico. Empregar a aplicación de correo electrónico para
enviar correo electrónico non é o mesmo que enviar correos electrónicos como
mensaxes de texto.
Para poder utilizar o correo electrónico, cómpre dispoñer dunha conta de correo
electrónico e da configuración correcta. Para comprobar a dispoñibilidade e os axustes
da súa conta de correo electrónico, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos
de correo electrónico. É posible recibir os axustes de configuración de correo electrónico
nunha mensaxe de configuración.
Acceso á aplicación de correo electrónico
Seleccione
Menú
>
Mensaxes
>
Correo electrónico
.
Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa que é posible que conteñan
software nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.