Nokia 2220 slide - Mensaxes multimedia

background image

Mensaxes multimedia

Unha mensaxe multimedia pode conter texto, imaxes, sons e videoclips.
Só os dispositivos que dispoñen de funcións compatibles poden recibir e visualizar

mensaxes multimedia. É posible que a aparencia das mensaxes varíe en función do

dispositivo de recepción.
É posible que a rede sen fíos limite o tamaño das mensaxes MMS. Se a imaxe inserida

excede este límite, o dispositivo pode reducila para que se poida enviar por MMS.
Importante: Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa que é posible que conteñan

software nocivo ou daniño para o dispositivo ou o ordenador.
Para verificar a dispoñibilidade e subscribirse ao servizo de envío de mensaxes

multimedia (MMS), póñase en contacto co seu provedor de servizos. Tamén pode

descargar as opcións de configuración.