
Memoria compartida
É posible que as seguintes funcións do dispositivo compartan memoria: mensaxes multimedia (MMS), aplicación de correo
electrónico, mensaxería instantánea. A utilización dunha ou máis destas funcións pode reducir a cantidade de memoria
dispoñible para o resto de funcións. Se o dispositivo amosa unha mensaxe na que se indica que a memoria está chea, elimine
parte da información que se atopa almacenada na memoria compartida.
Xestión dos dereitos dixitais
É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de xestión de dereitos dixitais (DRM) para
protexer a súa propiedade intelectual, incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM para
acceder a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo é posible acceder a contido protexido con OMA DRM 1.0. Se un
determinado software DRM non protexe o contido, é posible que os propietarios do contido soliciten que se anule a capacidade
do mencionado software de acceder a novos contidos protexidos mediante DRM. Esta anulación pode tamén impedir a
renovación do contido protexido que xa se atope no dispositivo, mediante DRM. Esta anulación non afectará ao uso de contido
protexido con outros tipos de DRM ou ao uso de contido non protexido mediante DRM.
26 Información do produto e de seguridade

Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse cunha clave de activación asociada que
define os seus dereitos para utilizar o contido.