Nokia 2220 slide - Servizos de rede

background image

Servizos de rede
Para utilizar o dispositivo, cómpre dispoñer dos servizos dun fornecedor de servizos sen fíos. Algunhas funcións non se atopan

dispoñibles en todas as redes; é posible que para poder utilizar outras funcións sexa necesario establecer acordos específicos

co seu fornecedor de servizos. Os servizos de rede implican a transmisión de datos. Comprobe co seu fornecedor de servizos os

detalles verbo de tarifas na súa rede propia ou durante a itinerancia noutras redes. Este pode explicarlle os importes que lle

serán cargados polo servizo. É posible que algunhas redes teñan limitacións que afecten ao modo en que se poden utilizar

algunhas funcións deste dispositivo que requiran soporte da rede, como soporte para tecnoloxías específicas como os

protocolos WAP 2.0 (HTTP e SSL) que se executan en protocolos TCP/IP e caracteres dependentes dos idiomas.

É posible que o seu fornecedor de servizos ordenase a desactivación ou non activación de determinadas funcións no dispositivo.

En tal caso, as mencionadas funcións non aparecerán no menú do dispositivo. Tamén é posible que o dispositivo dispoña de

elementos personalizados como os nomes ou a orde dos menús e as iconas.