Nokia 2220 slide - Verbo do dispositivo

background image

Verbo do dispositivo
A utilización do dispositivo sen fíos descrito nesta guía está aprobada en redes EGSM de 900 e 1800 MHz . Póñase en contacto

co seu fornecedor de servizos para obter máis información acerca das redes.

É posible que o seu dispositivo dispoña de favoritos ou ligazóns preinstalados para sitios da Internet de terceiros e que permitan

o acceso a sitios de terceiros. Estes sitios non teñen ningún tipo de relación con Nokia, polo que Nokia non asumirá ningunha

responsabilidade correspondente a eles. Se accede aos sitios mencionados, tome as precaucións necesarias relacionadas coa

seguridade ou cos contidos.

Aviso:

Para utilizar as funcións deste dispositivo, a excepción do espertador, é necesario que se atope acendido. Non acenda o

dispositivo en lugares nos que poida provocar interferencias ou poida supoñer un perigo.

Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os costumes locais, a intimidade e os dereitos lexítimos das demais

persoas, incluídos os dereitos de autor. É posible que as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a copia,

modificación ou transferencia dalgunhas imaxes, música e demais contido.

Efectúe copias de seguridade ou manteña rexistros escritos da información importante almacenada no dispositivo.

Antes de efectuar a conexión a calquera outro dispositivo, lea a guía de usuario para obter instrucións detalladas de seguridade.

Non conecte produtos non compatibles.

As imaxes amosadas nesta guía poden ser diferentes das que aparecen na pantalla do seu dispositivo.

Consulte a guía de usuario para obter outra información importante acerca do dispositivo.