
Códigos de acceso
O código de seguridade axuda a protexer o seu teléfono contra o uso non autorizado.
O código preconfigurado é 12345. Pode crear e cambiar o código e configurar o teléfono
para que solicite o código. Manteña o código secreto e nun lugar seguro separado do
seu teléfono. Se esqueceu o código e o seu teléfono está bloqueado, o teléfono requirirá
8
Primeiros pasos

un servizo e poden aplicarse cargos adicionais. Para obter máis información, póñase en
contactoco co Nokia Care Point ou co distribuidor do teléfono.
O código PIN proporcionado coa tarxeta SIM protexe a tarxeta contra o uso non
autorizado. O código PIN2 proporcionado con algunhas tarxetas SIM requírese para o
acceso a algúns servizos. Se introduce o código PIN ou o PIN2 incorrectamente tres veces
seguidas, pediráselle o código PUK ou o PUK2. Se non os ten, póñase en contacto co seu
provedor de servizos.
O PIN do módulo é preciso para acceder á información do módulo de seguridade da
tarxeta SIM. O PIN de sinatura pode ser necesario para a sinatura dixital. O contrasinal
de restrición é preciso cando se usa o servizo de restrición de chamadas.
Para determinar o xeito no que o teléfono empregará os códigos de acceso e os axustes
de seguridade, seleccione
Menú
>
Axustes
>
Seguridade
.