
Cargar a batería
A batería fornécese parcialmente cargada de fábrica. Se o dispositivo indica que a
batería dispón de pouca carga, siga estes pasos:
Asistencia técnica
5

1 Conecte o cargador á toma da parede.
2 Conecte o cargador ao dispositivo.
3 Cando o dispositivo indique que a batería se atopa completamente cargada,
desconecte o cargador do dispositivo e logo da toma da parede.
Non é necesario cargar a batería durante un período de tempo específico e pode utilizar
o dispositivo durante o proceso de carga. Se a batería está completamente descargada,
é posible que teña que esperar varios minutos para poder efectuar chamadas e para
poder visualizar o indicador de carga na pantalla.