Inserción da tarxeta SIM e a batería
Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de
extraer a batería.
A tarxeta SIM e os seus contactos poderían danarse facilmente se a tarxeta se raia ou se
dobra, polo que debe ter coidado cando manipule, insira ou extraia a tarxeta.
1 Levante a tapa posterior do extremo superior do dispositivo para retirala (1).
2 Retire a batería (2).
3 Abra o soporte da tarxeta SIM e insíraa (3). Asegúrese de que a superficie de contacto
da tarxeta estea orientada cara a abaixo e que a esquina biselada da tarxeta estea
orientada cara á parte superior do dispositivo. Peche o soporte (4).
4 Insira a batería (5) e coloque de novo a tapa posterior (6).